Translate

jueves, 4 de julio de 2013

Xustificación proxecto

O noso proxecto, dirixido aos mozos e mozas do concello de A Coruña, non é so oportuno a nivel social senón que tamén constitúe una necesidade técnica para este concello xa que responde á convocatoria de programas de apoio á cultura e o deporte do ano 2013(BOP N.239).

 A día de hoxe entre na nosa mocidade denótase unha menor interese nas manifestacións culturais e de identidade propia de Galicia así como a recuperación do rico patrimonio que nos rodea.
Varios estudos(1) mostran que a baixa implicación da mocidade en asociación é un feito, so un 19% da xuventude española pertence a algún clube, asociación, partido, sindicato ou grupo.Con este proxecto organizado, colectivo e incluínte trataremos de fomentar a participación da xuventude e impulsar a democratización da sociedade. Polo tanto será imprescindible contar cos recursos materiais e humanos necesarios para leva-lo a cabo.

A tendencia ó individualismo na sociedade da información lévannos a vivir nun entorno cada vez menos participativo. A través da eficacia e da eficiencia do noso proxecto acadaremos unha maior habilidade de relación entre os mozos e mozas, aumentando así a súa autoestima, motivación e satisfacción persoal. Educaremos a unha xuventude heteroxenea, comprometida e sensibilizada coa problemática presente, sen esquecer que esto repercutirá na mellora da mocidade en si mesma, das súas familias e da cidadanía do concello en xeral.






1 Estudio sociológico Jóvenes Españoles 2005

No hay comentarios:

Publicar un comentario